Ir al contenido principal

Tempo do 9 ó 11 de xuño de 2023

 

Moi boas a tod@s!!!

Comezamos semana con calor, sobre todo na xornada do martes, cando chegamos os 30ºC nalgún punto e superamos os 25ºC en toda a comarca. Mércores, por fin, chegaron os cambios en forma de precipitacións. Hoxe xa tivemos maior inestabilidade coa formación de tormentas importantes durante gran parte da tarde. O resto de semana continuara inestable, pero penso que xa non tanto.

Despois de tanto tempo sen chover, agradeceuse moito, ademais fixo moi ben. Primeiro choveu feblemente e así foise mollando a capa superficial da terra e foi entrando pouco a pouco. Hoxe xa choveu forte por momentos, pero non fixo mal e a terra conseguiu aproveitar moita. De momento non se ven grandes cambios, si que choverá menos, aínda que maña pola tarde seguramente aínda choiva con gañas. Seguramente, en menor ou maior grado, a inestabilidade nos acompañe polo menos ata mércores.

 

Predición para os próximos días:

-Venres día 9; comezaremos con tranquilidade, nubes e claros e algunha néboa, dende mediodía as nubes aumentan e teremos precipitacións de tronada, novamente poden ser de intensidade forte. As temperaturas sen grandes cambios ou subindo algo e os ventos do sur moderados, podendo acadar certa intensidade no momento do chuvasco.  



-Sábado día 10; teremos unha xornada de nubes e claros, con mais nubes por momentos e podendo caer algunha precipitación, penso que será pouca cousa. As temperaturas sen grandes cambios e ventos do suroeste frouxos.



-Domingo día 11; comezaremos con nubes e claros, dende mediodía medran nubes coa posibilidade dalgún chuvasco que pode vir con tronada. as temperaturas sen grandes cambios e os ventos frouxiños de dirección variable.


¡¡MOI BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Tempo do 8 ó 10 de setembro de 2023

  Moi boas a tod@s!!! Comezamos semana con inestabilidade que foi algo a menos pero que volveu aumentar hoxe. Nas vindeiras xornadas continuaremos con tronadas e temperaturas altas, baixan dende domingo e boa falta fai... A evolución da vindeira semana é moi complexa, pero penso que a tronada irá marchando e pode que entre algo de nordés, non sei, pero é probable. O sábado son as “Olimpíadas de Couzadoiro” e o tempo...xa sabedes....moi complexo de predicir. Temos certos parámetros (que favorecen a formación das tronadas) que se incrementan venres e sábado. Non ten por que traducirse en peor tempo nun lugar concreto como é Couzadoiro, pero si teremos tronadas máis xeneralizadas e de intensidade forte. Pode que a Couzadoiro non lle toquen, iso desexo, pero o desexo non o é todo...penso, por estatística, que favorece que hoxe fósemos zona de moitos desenrolos, non creo que toque así sempre. Veremos que pasa mañá, ten pinta de tarde de venres complicada. De tódolos xeitos, penso que

Tempo do 7 ó 9 de xullo de 2023

  Moi boas a tod@s!!!!!  Comezamos semana con tempo variable e algunha precipitación pouco importante. Non se agardan grandes cambios para o resto da semana. Choverá algo na noite de venres e durante o día de sábado, pouca cousa. Na vindeira semana non se ven grandes cambios. Sol e nubes con calor, as temperaturas soben e en gran parte da península toca episodio de calor..   Predición para os próximos días: -Venres día 7; teremos un progresivo aumento da nuboidade e achegada dalgunha precipitación na noite. Os ventos serán do suroeste, aumentando de intensidade durante a tarde. As temperaturas soben, con máximas superando os 25ºC na maioría da comarca. -Sábado día 8; comezaremos con bastante nibosidade e algunha precipitación que tende a remitir co avance da xornada. As temperaturas descenden, sobre todo as máximas. Os ventos tenden a ir amainando e rolaran a nordés. -Domingo día 9; será unha xornada de nubes e claros con grandes momentos de sol. As temperaturas sen gran

Tempo do 16 ó 18 de xuño de 2023

  Moi boas a tod@s!!! Comezamos semana con tronadas, chuvascos e temperaturas altas. Dende martes a mediodía a situación foi mudando quedando os ceos bastante despexados e con nova subida de temperaturas. Dende mañá irán chegando cambios, continuaremos con moita calor, aínda que irán descendendo as temperaturas dende sábado. Ademais tamén chegaran as precipitacións, domingo seguro que algo caerá, e xa mañá teremos posibilidades dalgunha pequena tronada. A vindeira semana pinta algo húmida, sobre todo na primeira metade e tamén mais fresca. Dende sábado baixan as temperaturas, irán baixando pouco e pouco pero ata xoves non creo que recuperen, iso si, ten pinta de que cara finais da vindeira semana toca bastante calor, seguramente que a primeira entrada cálida do verán en gran parte da península, aquí algo chegara...queda moito, iremos vendo.   Predición para os próximos días: -Venres día 16; comezaremos a xornada con nubes altas que non impediran o paso do sol, dende mediodía